Ourense [Galiza]

(gl)

O primeiro BIComun de Ourense fíxose en colaboración coas amigas de Xeitura e outras asociacións e axentes locais:

Sinensaio produccións
A Bela Auria
ESCUA
Bilurico
Vou Axenda
Bicipaseos patrimoniais Ourense
M´jail
Recuperar os nomes


#OurenseBen1

Nome / Chronicon de Idacio
Cronoloxía / Mediados do s. V d.c.
Localización / Lémica (proximidades do actual Xinzo de Limia, Ourense)
Descrición / Relato da transformación da Europa do imperio Romano na Europa das nacións. A crónica de Idacio, bispo limiao, recolle a constitución de Galicia en reino independente, baixo o dominio suevo. Polo tanto, serve como “acta fundacional” da identidade galega dende o punto de vista histórico. O Chronicon está escrito en latín culto e tardío, existen traducións dispoñibles en calquera biblioteca pública de Ourense ou na rede. Perdeuse o documento orixinal, o texto chegou a nós a través de cinco manuscritos depositados en importantes bibliotecas de toda Europa. O Chronicon de Idacio é obxecto de estudo para investigadores de todo o mundo e ten sido levado a imprenta en lugares tan distantes no tempo e no espazo como Ingolstadt (1602), Francfort (1603), París (1846) ou Ourense (1898). Esta última versión foi traducida polo profesor Marcelo Macías.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Idacio de Chaves patriota galego! / Textos silenciados / Havera-o em formato epub? / Revivir os arquivos

 4 ●●●● está ben conservado 

 43 ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo 

  ●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 3  ●● está mal conservado  


#OurenseBen2

Nome / Río Barbaña
Cronoloxía / Indeterminada
Localización / Nace nos límites de Paderne de Allariz e cruza o concello Ourense de sur a norte, entrando por Seixalbo e abandonando a cidade da man do Río Miño no que desemboca á altura dos Remedios.
Descrición / Na actualidade moi maltratado por continuos vertidos atópase ao seu paso pola cidade canalizado e moi humanizado, unha imaxe que nada ten que ver coa faciana de río cambiante que tivo no pasado por mor as súas bruscas variacións de caudal. O Río Barbaña, que é moito menos recoñecido que o Río Miño, foi dende o asentamento nas Burgas do primeiro poboamento romano o recurso fluvial propio de Ourense.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Dá noxo velo / Troitas nada, nom? / É o río de Ourense, e non o Miño / Vergoña / Un día se non limpades Venecia galega / Non me río, non hai río / Recuperemos o polvorim! / Culpábeis: “Os de sempre” / Onde están as troitas?

 1  está ben conservado 

 1 (1)  non o coñezo 

 31 (5) ●●●●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 41 (7) ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado  

*Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen3

Nome / Antiga Prisión Provincial de Ourense
Cronoloxía / Primeiros planos de 1787 – rematada a construción en 1836. Funcionou como prisión provincial 151 anos, entre 1836 e 1987
Localización / Rúa do progreso, 45
Descrición / O edificio é de estilo neoclásico tardío, de planta cadrada arredor dun patio central por onde paseaban os reclusos a certas horas. Distribuídos en 17 celas, a capacidade normal estimábase en 150 reclusos e a máxima en 400. Malia isto, nos primeiros anos do franquismo, chegáronse a acadar picos de ocupación de até 600 internos, en malas condicións de hixiene e saúde.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Espazos para emprender / Relación Proxecto Cárcere Coruña / Mágoa de verdade. “Cultura xa” / Nalgum sítio haverá que meter os que mandam / A panificadora de Ourense / Este é o Bicomún! / Sería xenial ter un paseo dende Paco Paz ata o Miño

 0 está ben conservado 

 2 (2) ●● non o coñezo 

 47 (9) ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 16 (1) ●●●●●●●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen4

Nome / Edificio Taboada
Cronoloxía / 1918
Localización / Rúa do Progreso 109
Descrición / Edificio máis representativo do estilo modernista na cidade de Ourense. De clara dedicación ao viño, quedando patente na súa fachada onde son evidentes as parras da vide habilidosamente talladas que, xunto coa composición dos vanos lembran a algunhas construcións do propio Gaudí. Coñecéuselle tradicionalmente como Edificio Taboada debido á botica que dende 1935 se instalou no seu baixo.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Referente no modernismo galego / O que non sabemos valorar! / Deseños da modernidade / Beleza… / E mentres tanto levantando alturas nas novas edificacións ao seu lado. Revisión do PXOM cara valores culturais!!! / Non sabemos o que temos / Os skylines galegos bailam breakdance / “Com as suas casa de todas as cores” Pessoa Sempre me chamou á atención ao fondo de Xoan XXIII / Unha conta atrás, lamentable

 1  está ben conservado 

 3 (2) ●● non o coñezo 

 40 (8) ●●●●●●●●●●●●●●●●●●●●gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 21 (1) ●●●●●●●●●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen5

Nome / Castro de Oira
Cronoloxía / Indeterminado (Idade do Ferro/Romanización)
Localización / O Castro, Peliquín
Descrición / Poboado fortificado tipo castro. Malia a non ser escavado nunca baixo metodoloxía arqueolóxica foi tradicionalmente relacionado coa explotación aurífera do Río Miño. Metal que algúns investigadores pensan que agocha o topónimo Ourense (“aurum”).

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

O futuro está na orixe / Castro especulado / Interesante a explotación aurífera en Ourense

 2 ●● está ben conservado 

 33 (9) ●●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo 

 20 (3) ●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 6 ●●●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen6

Nome / Coral De Ruada
Cronoloxía / 5 de outubro de 1918 ata a actualidade
Localización / Fundada na Avda. de Zamora por Xavier Prado Lameiro, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.
Descrición / De Ruada distínguese polo seu labor de conservación do patrimonio musical galego e a súa aposta por outorgarlle unha proxección pública e internacional. O seu traballo ven de ser referendado coa concesión da “Medalla Castelao 2013”.
Resaltan entre infinidade de anécdotas, logros e fitos: o disco superventas “Así Canta Galicia” (1959), o concerto perante máis de 10.000 persoas no centro galego de Bos Aires no ano 86 ou, máis recentemente, a selección do seu tema “Negra Sombra” (1929) para a banda sonora do telefilme da HBO “Hemingway & Gellhorn” (2012), con Clive Owen e Nicole Kidman como protagonistas.
A fotografía foi tomada no ano 1954 no actual barrio de San Francisco e sería posteriormente empregada nas capas de varios discos..

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Isto si que era un botellón / Orgullo da cidade

 34 (4) ●●●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado 

 14 (4) ●●●●●●●● non o coñezo 

 2  ●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 1  está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense

Reflexións: é desconcertante o amplo descoñecemento da patrimonio megalítico dos nosos montes, o seu esquecemento intencionado, protéxeos do vandalismo, mais tamén os fai vulnerábeis ante as intervencións nos montes. Isto torna invisíbel a cultura e ráchaa.


#OurenseBen7

Nome / Estación Norte ou Ourense–Empalme
Cronoloxía / 1952 (inauguración)
Localización / Rúa Eulogio Gómez Franqueira (A Ponte)
Descrición / O ferrocarril chega a Ourense o 18 de xuño de 1881 coa apertura da liña Vigo–Ourense o que contribuiría ao desenvolvemento socioeconómico da cidade. Logo da fusión do concello de Ourense co de Canedo, e malia o contrasentido aparente de construír dúas estacións de ferrocarril diferentes nunha mesma cidade, ambos edificios de arquitectura sobria e funcional foron inaugurados oficialmente no ano 1952, primeiro baixo o nome de Estación Norte e Estación Posío, e anos despois Ourense-Empalme e Ourense-San Francisco.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Precisamos máis trens / Trens para a estación / chou-chou… llega el tren / Ave César / O progreso? / AVE = estafa / Tren que me leva pola beira do Miño?

 32 (2) ●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado 

 3 (3) ●● non o coñezo 

 15 (2) ●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 3 ●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen8

Nome / Montealegre
Cronoloxía / Indeterminado
Localización / Ao surleste da cidade de Ourense
Descrición / Elevación xeográfica de 474 metros de altitude, que forma parte dunha serie de elevacións que rodean a cidade de Ourense e cunha vexetación e un clima de marcado carácter mediterráneo. O Montealegre é un dos montes mais emblemáticos e coñecidos para a poboación de Ourense.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Merda / Onde faremos os magostos agora?? / Mágoa de xestión / Posta en valor xa! / Fraude total / Incompetencia / Tremendo potencial! / 4 millóns enterrados

 1  está ben conservado 

 11 (7) ●●●●●● non o coñezo 

 14 ●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 30 (3) ●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen9

Nome / Praza de Abastos – Rianxo
Cronoloxía / Praza de Abastos construída no ano 1929, o Rianxo úsase dende o ano 1931-1945
Localización / Alameda do Concello – Praza de Abastos
Descrición / É o mercado de produto fresco máis importante da cidade, nel abastécense máis de 2.000 persoas ao día xerando máis de 400 postos de traballo.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Productos locais de tempada e calidade / Ben comer / Ourense calidade / Economía real. Fuck Gadis! / 1º destruiron o campo. Agora o Rianxo / O sinal de identidade da nosa praza / Mercados locais vivos produtivos / Los asbestos no “casan” con la comida / As cousas que se usam já estám bem conservadas

 5 (3) ●● está ben conservado 

 1  non o coñezo 

 35 (6) ●●●●●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 19 (1) ●●●●●●●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen10

Nome / Castro de Santomé
Cronoloxía / s. I a.C. – s. II d.C. a s. III d. C.
Localización / Santomé, Mende
Descrición / Conxunto arqueolóxico e natural no que conviven a
vexetación típica do val de Ourense, un poboado fortificado tipo castro e unha vila romana da que procede a chave da cidade de Ourense que se lle ofrece aos visitantes ilustres.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Conservar non é só escavar e musealizar / Istoria… / Explicacións xeitosas / Hai que visitalo

 32 (2) ●●●●●●●●●●●●●●●● está ben conservado 

 1 4 (6) ●●●●●● non o coñezo 

 5 (1) ●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 1   está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


#OurenseBen11

Nome / Toponimia de Ourense
Cronoloxía / desde que aqui há gente
Localización / Ourense
Descrición / Já é tempo de dignificá-la memória histórica da nossa cidade, e para lograrmos isto, nada melhor que começarmos por recuperar os nossos topónimos.
O mapa é obra da asociaçom “Recuperar Os Nomes

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

Tudo som nomes / Nomes para recuperar a identidade / A memoria nom cabe numa placa / Donos das palbras, donos dos nomes / “Non hai nada que fale mellor dunha terra que os seus topónimos” Novoneyra / Coñecer a evolución da cidade / Nomes que falan

 1  está ben conservado 

 5 (2) ●● non o coñezo 

 29 (5) ●●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 9 (1) ●●●● está mal conservado  

* Entre parénteses (x): xente que non é de Ourense


Qué outros bens faltan?…

· Muiños do Loña e do Miño
· Mosteiro de Santa Comba de Naves
· A Molinera
· Pinturas dos artistinhas (repartidas por varios bares)
· Campo da Feira e usos termais públicos
· A Esmorga (Eduardo Blanco Amor)
· Licorcafé (doble dogra)
· Barallete
· A Ponte Vella
· Os pórticos ou portadas da catedral
· Beber en cunca e mais os bodegóns

Comentarios rescatados do Disquus da antiga web:

..deixo a ligazón ao blogue onde están a argallar unha “acción directa” á cárcere:
http://imosentrar.wordpress.co…Onte falei con eles e pensamos en que o BIComún pode ter presencia. Xa falaremos desto mellor en persoa http://youtu.be/R4W1rs6bjk.
Un enorme placer participar! Dinamizando que é xerundio! Hai que moverse.
O pracer é noso de estar con xente tan activa ;)…estamos coa proposta do mapa dos alfinetes…a finais de semana cremos estará lista a proposta de produción…dinamizando_ando….entón enviaremos un mail vía Martiño que vos ten contactados a todos, para que opinedes e enviedes os logos de todas as asociacións….Falamos estes días!!!
Señores e señoras temos novos colaboradores: o colectivo Recuperar os nomes https://www.facebook.com/recup…
Perfecto!!! Fermoso proxecto o de recuperar os nomes…traballando na semántica como xeito de entender as historias dos espazos. ^_^ Estamos moi contentas. En canto teñamos un pouco de tempo enredamos no html para atender esas notas ;).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *