Vilagarcía de Arousa [Galiza]

Como cada primeiro domingo de cada mes, o 2 de xuño abríronse as portas da Praza da Peixería para facer o mercado Social e de troco de Vilagarcía de Arousa. Desta volta tamén se puxeron en común as reflexións sobre a xestión dos BIComúns vilagarciáns. Colaboraron connosco na eleción destes elementos as asociacións O Faiado da Memoria, Ateneo Mar de Arousa e Alpa, e persoas de xeito individual, dentro do evento dixital.

O mercado social tinguiu o ambiente de alternativas solidarias, xustas e comprometidas co desenvolvemento persoal e comunitario do pobo vilagarciá. Ao longo da maña as fichas dos distintos bens enchéronse de cores e tags emotivos, xurdiron as reflexións sobre os valores culturais e comunitarios, as críticas na súa xestión e o máis importante as propostas de alternativas de uso, quedadas para visitas colectivas, accións conxuntas para a protección, sinerxías de colaboración, etc.


#VilagarcíaBen1

Nome / Petróglifos dos Ballotes
Descripción / Gravados rupestres
Cronoloxía / Idade do bronce
Localización / O Salgueiral, San Xinés de Bamio
Descrición / O conxunto de petróglifos dos Ballotes-Meadelo é un dos máis coñecidos e estudados de Galicia tanto pola cantidade como pola calidade dos gravados. Ademais, preto deles vive unha moura moi presumida, coñécela?

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
Que o coiden mellor / Hagamos el entorno nuestro / moura/ tradición/ pedras vivas / que coiden o entorno/ o noso / mal indicado (+1 +1) / barrio prehistórico

 0 está ben conservado

 14  non o coñezo 

 30  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 8  está mal conservado   

Reflexións: as iniciativas por parte do Ateneo tanto da visita nocturna e guiada, como a do mantemento e conservación dos afloramentos, parecen non chegar segundo os resultados. Maior uso, descoñecemento e mala conservación foron as etiquetas visibles. A partir deste ben déronse a coñecer dous gravados no entorno da capela dos Anxos (Trabanca Sardiñeira), axiña serán inventariados e farémolos públicos para que entre todos os conservemos.


#VilagarcíaBen2

Nome / Castro Alobre
Cronoloxía / s. II a.C. o s.IV d.C.
Localización / O Salgueiral, San Xinés de Bamio
Descrición / Asentamento castrexo moi relacionado co comercio marítimo.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

podería estar mellor / la-men-ta-ble!! / indignante / mágoa/ respeto/ arqueoloxía viva / o abandono é noso / qué pena / que nos cuenten las cosas! / un desastre / unha pena / traballo a medio facer / relacionar este xardín co que hai perto, detrás do porto, que é propiedade privada! (casa calderón-xardín)

 0 está ben conservado

 6  non o coñezo 

 18  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 29  está mal conservado  

Reflexións: a mala conservación dos restos exhumados do Castro Alobre é evidente, pero como mantelos? Cal é a solución? Divulgación, proxecto sostíbel, reenterramento, vontade política?


#VilagarcíaBen3

Nome / Estación de tren de Carril
Cronoloxía / 1872
Localización / Carril
Descrición / Xunto coa de Cormes, a primeira estación de tren da Galiza. Hoxe reutilizada coma museo, xa non paran os trens, e quen para?

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):

falta de uso / subexplotado / o tren que me leva polo meu camiño / espacios para la gente / pesadilla / el 25 / chiringuitazo!! / xestion? onde se anuncia? quen o coñece? / infrautilizado / recordos de xoven / que lo utilicen para algo más provechoso / mal explotado, pouco utilizado

 16   está ben conservado

 2  non o coñezo 

 22  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 4  está mal conservado  

Reflexións: os tags amosan a memoria viva dun lugar que estivo vivo, e igual que as etiquetas, a boa xestión na conservación material mais non no seu uso.


#VilagarcíaBen4

Nome /Colexio San de Don Martín
Cronoloxía / 1880
Localización / Barrio do Castro
Descrición / Edificio construído no barrio mariñeiro de Castro.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
así no pueden quedar las casas! Ineficacia política / cine ao aire libre / vergoña / denunciable / que o recuperen / siempre lo recuerdo así una pena / vergonzoso / casa dos antepasados / no puede estar así / expropiar / rehabilitación xa! / escándalo! / multa ou rehabilitación / vilagarcía en estado puro / triste / qué lástima! / ¡vergüenza! / pena!!!

 0 está ben conservado

 2  non o coñezo 

 13  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 29  está mal conservado  

Reflexións: o seu estado ruinoso é evidente, tamén móstranse as ganas de reutilización-rehabilitación e indignación nos tags.


#VilagarcíaBen5

Nome / Atlántica
Cronoloxía / Fins do século XIX -1988
Localización / Vilaxoán
Descrición / A fabrica nos seus principios adicábase á elaboración de produtos químicos, facíaos chegar até o mar cas súas vagonetas. Logo converteuse nunha fundición de ferro.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
Non coñezo / ?? / rehabilitación ya! / patrimonio industrial que esmorece / desperdicio del rico / abandono / nadie me quiere! / nido de infeccións escombros no! / abandonado / abandonado totalmente / de pena!

 1  está ben conservado

 9  non o coñezo 

 18  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 29  está mal conservado  

Reflexións: reutilización-rehabilitación dunha construción mal conservada. Durante un tempo a industria mariñeira foi o recurso do pobo de Vilaxoán, Atlántica o seu emblema e Cuca non se deixa esmorecer.


#VilagarcíaBen6

Nome / Mámoas do Monte Xiabre
Cronoloxía / Fins do século XIX -1988
Localización / Ladeiras do monte
Descrición / Enterramentos de terra e pedras dos mouros, que normalmente no seu interior agachan unha estrutura pétrea coñecida coma dolmen.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
la gente, el monte y sus casas! / descoñecido (case mellor) / moiben conservado só necesita limpeza / negocio? / limpieza urgente! / baixo a maleza, beleza / non o coñezo, non me coñezo? / abandonamiento total!

 1 ● está ben conservado

 27  non o coñezo 

 5  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 17  está mal conservado  

Reflexións: é desconcertante o amplo descoñecemento da patrimonio megalítico dos nosos montes, o seu esquecemento intencionado, protéxeos do vandalismo, mais tamén os fai vulnerábeis ante as intervencións nos montes. Isto torna invisíbel a cultura e ráchaa.


#VilagarcíaBen7

Nome / Paisaxe do mar de Carril
Cronoloxía / Non se lembra
Localización / Carril
Descrición / Ameixa, illa, viveiro, cápacho, pedras, lombo, camiño do carro, de a pé, escolle, estaca, traballo, fina, gamela, gancha, xapónica, lonxa, maré.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
trapicheo / beleza / cheo de merda / maltratado / o mar é de todos / bañistas vs parquistas / paisaxe fantasmal! / cada uno debe respetar el trabajo de los mariscadores / traballo / el mar es para todos / o “estercol” non se debe botar na praia / introducción de especies foráneas. todo polos cartos ¿ameixa de carrril? ja, ja, ja!!! / respeto por todos / el alma de carril / gustaríame que o potenciaran como ben cultural do carril

 12  está ben conservado

 6  non o coñezo 

 13  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 10  está mal conservado  

Reflexións: a pesares de ser un patrimonio recoñecido e valorado, probablemente sexa o ben con maior diferenza de opinións, a nosa é que iso fai del un patrimonio vivo.


#VilagarcíaBen8

Nome / Casa de Mercedes Becerra
Cronoloxía / 1939
Localización / Carril
Descrición / Arquitectura racionalista, hoxe en dia desocupada e catalogada. Está pendente da súa descatalogación.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
non é un ben común / buf!!! / negligencia, abandono / reutilizable / modernidade / ¡vanguardismo bauhaus! / sentenciada por moito que se queira evitar qué intereses obscuros hai detrás? / que pena de casa!!! / hay unha folla de recollida de firmas en www.change.org buscar: Juan Argentí (arquitecto)

 0 está ben conservado

 8  non o coñezo 

 31  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 5  está mal conservado  

Reflexións: amarelo de reutilización-rehabilitación destaca na ficha, algúns tags e comentarios debaten sobre os valores patrimoniais da construción. Fóra destes debates, a importancia histórica e artística está máis que defendida nesta petición, na cal pódese axudar na súa protección. Graciñas Idoia Camiruaga.


#VilagarcíaBen9

Nome / Igrexa de Fontecarmoa
Cronoloxía / s. XII
Localización / Fontecarmoa
Descrición / Igrexa de orixe románica, conserva pinturas murais do s. XVI

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
muros que falan / bien conservada / non temos restauradores? / sí os temos pero ……. non / restauración / xa!!!!!/ deterioro/ arreglarlo

 2  está ben conservado

 33  non o coñezo 

 14  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 6  está mal conservado  

Reflexións: a igrexa románica de Fontercarmoa é moi descoñecida. Os seus muros seica contan historias que un tal Carlos coñece, xorde a posibilidade de facer unha excursión e que o azul cambie a verde, programámola?


#VilagarcíaBen10

Nome / San Antoniño do Pousadoiro
Cronoloxía / s. XVIII
Localización / Parroquia de Cea
Descrición / Pazo ou casa con capela adicada a San Antoniño, un par de ciprestes, hórreo e palco de música, as pombas moran no interior da casa.

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
reutilizado / encanto, meigo / restauración e utilización xa! / ¡se cargaron el bosque que había alrededor! para hacer un polígono de m…..! / entorno único, música e palco / riqueza / para as romerías si para outas non? / tristeza, mágoa! / no conservar lo que queda una desgracia

 2  está ben conservado

 12  non o coñezo 

 27  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 7  está mal conservado  

Reflexións: a historia burguesa de Vilagarcía deixounos moitos pazos, casas grandes e mansións, agora abandonadas por unha realidade ben distinta á inicial. A rehabilitación e o seu uso é a nova realidade por construírmos.


#VilagarcíaBen11

Nome / Fonte da Coca
Cronoloxía / –
Localización / Laxe
Descrición / Fonte de pedra situada no parque do mesmo nome. Ás veces dende o muíño sae unha rapaza loura que agasalla ouro, será a presumida dos Ballotes?

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
útil / carrito guapo / forza / auga moi popular / entorno descuidado / auga e vida / rehabilitar é máis que inaugurar / coidalo un pouco

 18  está ben conservado

 8  non o coñezo 

 17  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 2  está mal conservado  

Reflexións: o mellor conservado, o carriño sube cheo de botellas de auga milagrosa tódolos días. O muíño, ao que xa non lle chega esta auga, esmorece, polo que tamén precisa de rehabilitación e uso.


Conclusións:

Ademáis destes bens incluíronse coma bicomúns: Alemparte, Castro de Trabanca Sardiñeira, Casa do Lago, Parque da praia Compostela, hélices de Xiabre, Capela dos Anxos, Conxunto Histórico do Castro e Casa modernista Deza.

As etiquetas amarelas son as máis presentes na maioría dos bens, o que mostra a gran necesidade de uso dos mesmos. As azuis en segundo lugar, o descoñecemento de moito deles. As vermellas moi preto das azuis amosan a mala conservación. As verdes no derradeiro lugar e maiormente presentes no parque da Coca, estación de tren de Carril e da paisaxe mariñeira, están nos bens de maior uso.

Agradecementos:

Obrigado a tódolos que vos achegáchedes até a Peixería a BIComunear, transmitirnos tanto coñecemento, partillar historias, mirar-valorar-pensar nos bens, facer preguntas, respostar, pensar no pasado, no presente e no futuro… Moitas grazas en especial, a Sabela Muñiz por todo o tempo que lle adicou para facelo posíbel  e a Katy Carey pola montaxe audiovisual e todo o apoio.

PRENSA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *