Bueu [Galiza]

O sábado 6 de abril de 2013 plantamos o primeiro BIComún na vila de Bueu. Para ese día, dende Niquelarte e con algo de axuda de Motivos D´Aldea, escollemos dez elementos patrimoniais que constituían unha mistura de patrimonio arquitectónico, arqueolóxico, inmaterial e industrial. Segundo nós tiñan importancia dabondo como para seren considerados entre todos como BIComún, pero era un primeiro experimento e sabiamos que non eramos nós os que tiñamos que escoller eses bens comúns.

A intervención tivo lugar no muro do estaleiro de Purro, carpintaría de ribeira que estaba en proceso de reactivación grazas ao traballo da Coordinadora do Estaleiro. Estivemos alí dende as 09.45 am ata as 14.00 pm. Pouco a pouco íanse sucedendo persoas, contos, lendas, historias vividas, pasadas, presentes e futuras, risos, fotos, dúbidas, recoñecemento de lugares, cuestións e moitas gañas de atender e coñecer o patrimonio, coidalo, sostelo, reutilizalo…


 #BueuBen1

Nome / Forno das Arcas
Descripción / Mámoa con dolmen
Cronoloxía / Período neolítico
Localización / Roteiro de Chans, Parroquia Cela
Fotografía / Motivos d´Aldea

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas): 

monumento funerario / do bosque monumental / casa do druída / ancellos / historia / maxia / lendas / noite

 1  está ben conservado 

 16 ●●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo 

 ●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 5 ●●●●● está mal conservado  

Reflexións: case ninguén o coñece, só os máis maiores, os que teñen algunha relación coa fraga. O abandono atribúenno á falla de sensibilidade institucional pero tamén a que estamos a esquecer a fraga. A xente dicía que habería quen puidera recuperar o espazo, onde asemade seica aínda viven os mouros.


#BueuBen2

Nome / Petroglifo das Abelaires
Descripción / Gravados rupestres
Cronoloxía / 2.000 a.C.
Localización / Castiñeiras, Parroquia Bueu
Fotografía /Motivos d´Aldea

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
castiñeiros / abandono / aquelas pegadas (os grafitis) / parte viva da historia / abandono / caligrafías na historia / sobrevivinte / historia histórica / pedra / a través do tempo

  está ben conservado 

 15 ●●●●●●●●●●●●●●● non o coñezo 

 ●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen 

 10 ●●●●●●●●●● está mal conservado 

Reflexións: abandono, asfixiado pola vía rápida e sepultado no esquecemento. Case ninguén foi a visitalo nunca.


#BueuBen3

Nome / Lavadoiros
Descripción / Espazos sociais de contos… e de lavado!
Cronoloxía / Desde que a roupa existe
Localización / En tódalas aldeas

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
tradición / conversas / labores domésticas / vida, reunión, auga / xuntanzas / auga limpa / tradición / pureza / auga, auga

 1  está ben conservado 

 7 ●●●●●●● non o coñezo 

 11 ●●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 13 ●●●●●●●●●●●●● está mal conservado  

Reflexións: reuso e recuperación, non só das pedras senón tamén da auga. Hai que encher eses espazos de novo de vida, aínda que compitan coa lavadora.


#BueuBen4

Nome / Muiños
Descripción / Espazos comunitarios de moenda aproveitando recursos hídricos
Cronoloxía / Fins s.XVII-actualidade
Localización / Nos ríos e regatos
Fotografía / Motivos d´Aldea

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
o son da auga / muiño / vida, auga / xenial / augas que corren / muiñeira / enerxía / natureza activada / enxebre / aproveitamento da natureza

 12 ●●●●●●●●●●●● está ben conservado 

 3 ●●● non o coñezo 

 10 ●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 6 ●●●●●● está mal conservado  

Reflexións: moito verde, porque varias asociacións locais están a recuperalos. O da foto, o muiño do Tombo, está sendo coidado polos rapaces de Motivos d´Aldea. Os autocolantes vermellos van polos que aínda fallan. Moita cor amarela, moitas ganas de usar e buscar novos usos.


#BueuBen5

Nome / Casas mariñeiras
Descripción / Arquitectura Popular
Cronoloxía / Desde que existen mariñeiros
Localización / Beluso

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
abandono / casas para habitar / añoranza / identidade / hábitat / aluminio, uralita / niño popular / o que non quixemos ser…por que?

 2 ●● está ben conservado 

 2 ●● non o coñezo 

 10 ●●●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 15 ●●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado  

Reflexións: mal conservadas, engulidas non polo feísmo senón cheas de cicatrices. Moitas fechadas, sen vida. Necesidade de recuperalas. A pregunta é: só a elas ou tamén as súas actividades?


#BueuBen6

Nome / Fábrica Massó
Descripción / Fábrica de conservas
Cronoloxía / Finais s.XVIII-XX
Localización / Bueu

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
cheminea / modernidade / e o resto das conserveiras que? / falta a fábrica / traballo / testemuña do tempo / erramos / enfermidade / icono, non pinta nada

 8 ●●●●●●●● está ben conservado 

 2 ●● non o coñezo 

 0 gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 15 ●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado  

Reflexións: algúns pensan que a cheminea é suficiente e que o seu armazón metálico chega para conservala. Outros falan da destrucción de parte da historia do pobo, cando a tiraron. Icono, monopolio. Unha das fotos máis conflictivas, que provocou rexeitamentos, iras ou rancores; e que algúns pensaban que habería que ter derrubado para borrar esa parte da memoria.


#BueuBen7

Nome / Fábrica e Baleeira Massó
Descripción / Fábrica de conservas
Cronoloxía / s.XIX-XX
Localización / Cangas

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
reusos / museo, esperanza / unha xoia con vistas / máquinas novas / baleiro / espazos de pensamentos / esculturas do olvido

 4  está ben conservado 

 0 non o coñezo 

 ●●●●●●●● gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 15 ●●●●●●●●●●●●●● está mal conservado  

Reflexións: a fábrica de conservas, irmá da de Bueu. Aínda está en pé, polo tanto é a posibilidade de resolver o erro cometido en Bueu. O seu estado de abandono e de ruína é cada día máis perigoso e a posibilidade de reusalo, coma museo segundo a maioría, ten que facerse realidade.


#BueuBen8

Nome / A Roiba
Descripción / Industria de salga
Cronoloxía / 2º metade XVIII
Localización / Beluso

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
industria / oportunidade / a industria / museo / posibilidades / o noso pasado / música mariña / economía local / memoria

 1  está ben conservado 

 5  non o coñezo 

 16  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 9  está mal conservado  

Reflexións: é a que conta con máis autocolantes amarelos. A xente quere que este edificio teña vida de novo. Pode que sexa a derradeira posibilidade de ter unha fábrica de salga recuperada en Bueu.


#BueuBen9

< Nome / Mar adentro
Descripción / Os lugares do mar, os seus nomes e usos
Cronoloxía / Fins s.XVII-actualidade
Localización / O mar

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
aviso/ traballo / esquilmado/ referencias / contos líquidos / inmensidade / común / liberdade / paraíso

 13  está ben conservado 

 0 non o coñezo 

  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 4  está mal conservado  

Reflexións: Bueu é ante todo unha vila mariñeira. A cantidade de cores verdes que encheu esta fotografía o demostra. Identidade mariña que cree que debe de se seguir mantendo e reinventando, tendo coidado e loitando contra as ameazas actuais que poñen en perigo esta especie buenense, metade homes de terra metade homes de mar.


#BueuBen10

Nome / Millo Corvo
Descripción / Variedade de millo e xeito de produción
Cronoloxía / s.XVII-XXI
Localización / Meiro
Fotografía / Pescada na rede (non conhecemos a autora)

TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
pan / empanada boísima / labor fantástica da asociación de Meiro / futuro/ sementes interculturais / rexurdimento / cultura gastronómica / regar de noite / época de fame / rico / fame neghra / abaixo monsantos

 18  está ben conservado 

 3  non o coñezo 

 4  gostaría de reutiliza-lo / que o rehabilitasen

 1  está mal conservado  

Reflexións: máis e máis verde. A xente recoñece que o Millo Corvo é un elemento imprescindible no Concello e goza de boa saúde. Nada que ver co que pasaba hai uns anos, cando estivo a piques de desaparecer. Por que tivo mudado a situación? Grazas a un proceso de conservactivación ben feito pola Asociación Cultural de Meiro. Pero agora hai que seguir traballando, hai algún colante amarelo que indica que debemos usalo (sembremos millo corvo dicían) e vermello (se non o facemos entre todos non funcionará).


Conclusións

Moitas son as cousas que reflicten estas fotografías e que nas nosas cabezas andan dando voltas como mistura da linguaxe visual xerada, pero tamén de todo o material documental que temos. Sen embargo, antes de falar nós, gustariamos de que vós saquedes as vosas conclusións e vaiamos armando isto coma un debate colectivo. Pra comezarmos un fío, podemos empregar a barra de comentarios que hai abaixo ^_^.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *