Ourense [Galiza]
(gl)
O primeiro BIComun de Ourense fíxose en colaboración coas amigas de Xeitura e outras asociacións e axentes locais:
Sinensaio produccións
A Bela Auria
ESCUA
Bilurico
Vou Axenda
Bicipaseos patrimoniais Ourense
M´jail
Recuperar os nomes
#OurenseBen1
Nome / Chronicon de Idacio
Cronoloxía / Mediados do s. V d.c.
Localización / Lémica (proximidades do actual Xinzo de Limia, Ourense)
Descrición / Relato da transformación da Europa do imperio Romano na Europa das nacións. A crónica de Idacio, bispo limiao, recolle a constitución de Galicia en reino independente, baixo o dominio suevo. Polo tanto, serve como “acta fundacional” da identidade galega dende o punto de vista histórico. O Chronicon está escrito en latín culto e tardío, existen traducións dispoñibles en calquera biblioteca pública de Ourense ou na rede. Perdeuse o documento orixinal, o texto chegou a nós a través de cinco manuscritos depositados en importantes bibliotecas de toda Europa. O Chronicon de Idacio é obxecto de estudo para investigadores de todo o mundo e ten sido levado a imprenta en lugares tan distantes no tempo e no espazo como Ingolstadt (1602), Francfort (1603), París (1846) ou Ourense (1898). Esta última versión foi traducida polo profesor Marcelo Macías.
TAGS EMOCIONAIS (etiquetas brancas):
Idacio de Chaves patriota galego! / Textos silenciados / Havera-o em formato epub? / Revivir os arquivos